

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboran Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq.
Os obxectivos principais deste certame son incentivar a cultura gastronómica, dinamizar á cidade nun mes tradicionalmente de menor afluencia turística e amosar a calidade e o bo facer dos nosos hostaleiros e hostaleiras.
Durante o concurso, que se celebra do 14 de novembro ao 1 de decembro, o público pode gozar das tapas dos locais, que están agrupadas en varias (é)tapas que recordan aos diferentes camiños de Santiago. Ademais, pode votar as tapas dos locais participantes cubrindo os pousavasos que reciben coa consumición. Un xurado profesional seleccionará as 10 mellores tapas que pasarán a unha gran final os días 6, 7 e 8 de decembro.
Paralelamente, e tamén do 14 de novembro ao 1 de decembro, celébrase o I Santiago(é)Cóctel, un concurso de cócteles organizado pola Asociación Hostalaría Compostela.
Nas redes...
Error: API requests are being delayed for this account. New posts will not be retrieved.
There may be an issue with the Instagram Access Token that you are using. Your server might also be unable to connect to Instagram at this time.
Quedamos de tapas...
Recorda que tamén podes seguir o noso concurso a través da APP 😄👏

